O cambio tecnolóxico como elemento importante do desenvolvemento
universal, esixe un tratamento especial, e completamente articulado ás
realidades económicas, sociais, culturais e ambientais de cada sociedade.
Na actualidade danse todas as condicións para facer do coñecemento o
elemento diferencial que marque a ventaxa competitiva con respecto aos nosos
competidores. A rendabilidade a medio e longo prazo está sustentada na
utilización intelixente e axeitada das tecnoloxías actualmente dispoñibles.
NOVENTIA INGENIEROS ten vocación de ser unha empresa líder en termos
de recusos tecnolóxicos e de rendabilidade para ofrecer solucións eficientes no
campo da enxeñería e o equipamento, asegurando a satisfacción e confianza
dos nosos clientes.
NOVENTIA INGENIEROS realiza labores de asesoría e estudo de solucións
particulares no ámbito da electrónica profesional, poñendo ao alcance o
desenvolvemento tecnolóxico acorde a calquera necesidade particular do
cliente.
|
|
Algunhas das tecnoloxías que utilizamos conxuntamente nos nosos
desenvolvementos e proxectos son:
| GPS, GSM/GPRS, UMTS (3G). |
 |
| 433/868 Mhz, Bluetooth, WiFi, ZigBee. |
 |
| Bus RS232, RS422/485, CAN. |
 |
| Microcontroladores, PC’s Embebidos. |
 |
| Telemetría. RFID. |
 |
|
|