|
É neste punto, o Deseño Electrónico, onde NOVENTIA INGENIEROS achega a súa MAIOR VENTAXA COMPETITIVA grazas á súa capacidade e experiencia en I+D, podendo desenvolver calquera deseño específico que contribúa a proporcionar a solución óptima a unha necesidade.
NOVENTIA INGENIEROS pode así abordar proxectos de carácter exclusivo, onde a utilización de equipamento estándar presente no mercado é indadecuada e pouco eficiente, proporcionando solucións completamente acordes coas necesidads do cliente, así como un aforro significativo de custos.
Desta forma o Deseño Electrónico, tal e como o entende NOVENTIA INGENIEROS, fundamenta a idea de negocio “from concept to market”… teño unha idea, póñoa no mercado.
O proceso de deseño, se así se require, estará orientado á obtención das distintas certificacións oficiais e/ou á fabricación en serie do equipo ou equipos resultantes do dito deseño. O resultado do deseño, no seu caso, é propiedade do cliente, asegurándose este a exclusividade da solución implantada, e a ventaxa competitiva que esta lle poida achegar frente á súa competencia..
|
|