
|
NOVENTIA INGENIEROS é un estudo de enxeñería que fundamenta a súa
actividade na chamada electrónica profesional ou electrónica de negocio,
desenvolvendo produtos e solucións orientadas especificamente a unha
utilización empresarial como parte do proceso de negocio e produtos dos seus
clientes.
NOVENTIA INGENIEROS oriéntase totalmente cara ó cliente, creando
solucións adaptadas mediante o desenvolvemento de proxectos nos que a
electrónica xoga un papel primordial. Cada solución é particular e resulta dun
estudo previo. Este enfoque, ademais de ser máis eficaz e robusto, resulta
máis económico a medio e longo prazo. Desta maneira a adaptación e
utilización das últimas tecnologías é factible dende a Peme á Grande Empresa.
NOVENTIA INGENIEROS ten vocación de ser líder en termos de recursos
tecnológicos e de rendabilidade para ofrecer solucións eficientes no campo da
enxeñería e o equipamento, tanto a nivel nacional como internacional,
asegurando a satisfacción e confianza dos nosos clientes. A ilusión e paixón
polo noso traballo fan da innovación, competitividade, colaboración e
flexibilidade os nosos valores fundamentais.
NOVENTIA INGENIEROS achega respostas específicas e concretas alá onde
outros non chegan, ofrecendo flexibilidade total á hora do deseño técnico así
como de modelo de negocio, en solucións particularizadas e cun alto nivel de
especificación por parte do cliente.
|