A imaxe romántica do investigador aillado no seu despacho forma parte do
pasado. Polo contrario, as grandes invetigacións, os fitos innovadores e o
desenvolvemento de proxectos de certa entidade prodúcense mediante a
interacción de centros e grupos con múltiples influencias, coñecementos e
puntos de vista. Esta situación é especialmente aplicable ao ámbito tecnolóxico
empresarial, onde a especialización nos distintos campos e modelos de
negocio é necesaria, polo que se require unha axeitada política de colaboración
e integración entre empresas para levar a cabo proxectos complexos que
requiran o emprego de varios ámbitos de saber, como poden ser a electrónica,
mecánica, informática de alto nivel, operadores de servizos, etc. Polo tanto a
integración é fundametal en moitos casos, xerando sempre unha sinerxía
positiva, especialmente no ámbito da enxeñería.
NOVENTIA INGENIEROS, en consonancia con esta filosofía, colabora con
outras empresas especialistas en aspectos tecnolóxicos complementarios á
nosa actividade (Aplicación de usuarios, Bases de datos, Desenvolvementos
en Internet, Estruturas mecánicas, etc.) Por outro lado, NOVENTIA
INGENIEROS mantén unha estreita colaboración con departamentos técnicos
das Universidades do seu contorno de cara á optimización da tecnoloxía
utilizada nos seus deseños.
En todo caso, no referente á xestión de proxectos, ten que haber unha entidade
que realiza as labores de xestión xeral do proxecto e interlocución única co
cliente, e será polo tanto quen asuma a responsabilidade final do proxecto.
|
NOVENTIA INGENIEROS, no seu caso, pode asumir a responsabilidade da
xestión do proxecto, desde o estudo previo, ata a validación e posta en
marcha, procurando a integración no mesmo doutras entidades especializadas
en cada faceta, para alcanzar os máximos niveis de eficacia e eficiencia no
desenvolvemento do proxecto.
De igual xeito, NOVENTIA INGENIEROS, pode unirse a un grupo de traballo a
un proxecto xestionado por calquera outra entidade, achegando en todos
aqueles aspectos nos que somos especialistas. Por outro lado, no seu caso
podemos colaborar directamente co equipo de traballo do propio cliente final. |