|
A telemetría e o telecontrol son campos relativamente novos que se
desenvolveron rapidamente nos últimos anos e cuxo crecemento a curto e
medio prazo prevese exponencial. Esencialmente a telemetría e o telecontrol
non están correctamente definidos baixo a óptica dunha única tecnoloxía,
senón que se serven para os seus fins dun conxunto de tecnoloxías e servizos
fundamentados en diferentes pricipios, tipos de equipamentos, ámbitos de
funcionamento, características, etc. Por tanto terase que realizar un estudo e
trazar un plan de actuación para definir tanto a arquitectura como a tecnoloxía
ou conxunto de tecnoloxías a utilizar en cada caso.
A telemetría é unha tecnoloxía que permite a medición remota de distintas
magnitudes físicas (mediante a utilización de sensores) e a recepción de
información dixital do estado doutras máquinas e procesos. O envío de
información cara ao equipo central nun sistema de telemetría realízase
tipicamente mediante comunicación sen fíos, se ben pódense utilizar outros
métodos como fibra óptica, redes informáticas, etc. Pola súa parte o telecontrol
supón ademais a actuación sobre os equipos ou sistemas, tamén a distancia e
de forma deslocalizada, ben como resposta á información previamente obtida,
ou ben baixo a demanda de calquera outro tipo de tarea (tareas programadas,
actuacións arbitrarias, etc.).
Algúns casos prácticos de utilización son: equipos meteorolóxicos en campo,
control de riscos, caixeiros automáticos, control de silos de cemento
(facturación, reposicións, optimización de rutas), alarmas de depósitos de gas,
control de frotas, captación de datos (RFID), telemedida de tráfico, control de
máquinas vending, expendedoras e recreativas, etc., contadores de gas, auga,
luz, etc., seguridade, sistemas de alimentación ininterrumpida, domótica
industrial e doméstica, telecontrol de tanques, apertura de caixas de
seguridade, Fórmula 1, etc.
|

|